Máis alá das fronteiras: o compromiso da Fundación Celta con Senegal faise máis forte
6 Abril 2026
A Madroa acolle un adestramento compartido entre o Celta Integra Zelnova e alumnado de Francia e Chapela
7 Abril 2026

O Celta Integra Zelnova brilla na segunda fase de LALIGA GENUINE Moeve en Gijón cun pleno de triunfos

7 Abril 2026


A Fundación Celta celebra unha fin de semana inesquecible para o noso equipo máis especial. O Celta Integra Zelnova completou unha segunda fase perfecta en LALIGA GENUINE Moeve, celebrada nas instalacións de Mareo (Gijón), asinando un pleno de vitorias que sitúa ao equipo como líder do seu grupo e reflicte o gran traballo de toda a plantilla.

Durante esta intensa xornada en terras asturianas, os nosos xogadores demostraron a súa mellor versión superando a rivais como o Rayo Vallecano e o Girona FC. O equipo contou cun apoio moi especial dende a grada: o da presidenta Marián Mouriño, quen non quixo perderse o desempeño dun grupo que é o único da competición que conta os seus partidos por vitorias esta tempada.

Máis alá dos marcadores, a expedición celeste volveu ser un exemplo de afouteza e deportividade. Nunha competición onde o primordial é compartir antes que competir, o Celta Integra Zelnova evidenciou que o verdadeiro éxito é celebrar a inclusión e estreitar lazos de amizade. Esta fase dános o impulso necesario para encarar a próxima cita en Burgos, reafirmando o noso compromiso co fútbol que transforma vidas.


Etiquetas da nova

Ir o contido