Somos o corazón
do club

A alma social
Solidaria do Celta

Utilizamos o poder transformador do deporte para mellorar a vida das persoas. Impulsamos proxectos solidarios, educativos e inclusivos. Mobilizamos a forza e os valores do club para xerar un impacto positivo e duradeiro na sociedade galega e máis
alá.

Somos moito
máis ca
fútbol

Formamos persoas para a vida, dentro e fóra do campo. Fomentamos a inclusión, a superación e o crecemento persoal de toda a comunidade celtista, prestando especial
atención a nenos, nenas, mozos, mozas e persoas con distintas capacidades.

Representamos o
latexar do celtismo

O sentimento de Afouteza late con forza no noso interior. A superación, a resiliencia e a determinación son parte do noso carácter. Impúlsannos a ir máis alá, a transformar vidas e comunidades, e superar calquera desafío no noso compromiso social.

Misión

Ofrecemos oportunidades reais de desenvolvemento persoal, educativo e social a
todas as persoas que forman parte da comunidade celtista, con énfase na infancia e
mocidade, garantindo a súa preparación plena para a vida, dentro e fóra do terreo de
xogo.

Visión

Traballamos para ser un referente na formación integral de persoas, onde cada participante atope oportunidades para aprender, medrar e liderar, con ou sen o fútbol.

Propósito

O fútbol transforma vidas, formando persoas para a vida

Traballamos para ser un referente na formación integral de persoas, onde cada participante atope oportunidades para aprender, medrar e liderar, con ou sen o fútbol.

Impulsamos programas
que transforman vidas

Cada programa está deseñado para maximizar o impacto na educación, a inclusión, a transmisión de valores e o benestar xeral, asegurando que cada xesto contribúa a un cambio significativo e duradeiro na vida das persoas.

Programas

Somos Corazón

O fútbol como factor de integración

PROXECTOS

  • Celta Integra

    Inclusión social e deportiva para persoas con discapacidade. Descubre os nosos xogadores. Tamén podes descargar o dossier do Celta Integra desde aquí.

  • Corazón Celeste

    Visitas e accións solidarias con colectivos vulnerables.

  • Celeste solidario

    Campañas solidarias: doazón de alimentos e xoguetes, visitas a nenos e nenas en hospitais, reminiscencia coa terceira idade.

Futuro Celeste

Formación máis alá do fútbol

PROXECTOS

  • O Celta na escola

    Actividades de formación e deportivas dirixidas á comunidade educativa.

  • Abancada

    Accións de concienciación na bancada.

  • Celtalks

    Charlas inspiradas en historias reais de superación.

  • Obradoiros educativos

    Obradoiros sobre xogo limpo, acoso escolar e nutrición.

  • Torneos deportivos solidarios

    Carreira Popular Invasión Celeste...

Celta Impact

O fútbol como palanca de desenvolvemento

PROXECTOS

  • Celta Academy Impact

    Desenvolvemento de competencias deportivas e humanas a través do fútbol para nenos, nenas e mozos/as en contextos desfavorecidos.

  • Bolsas Celta360

    Axudas para a formación académica e humana de mozos/as vinculados ao Celta.

  • Bolsas Fundación Celta

    Oportunidades de adestramento na Canteira para mozos/as futbolistas con talento.