Colabora

Forma parte da Fundación Celta

Podes facelo co carné celtista Colaborador.

Transforma vidas
e obtén
beneficios
fiscais

Ademais de apoiar unha labor social que transforma vidas, poderás beneficiarte dunha
dedución do 80 % da túa doazón na declaración da renda (IRPF).

Promoción
trae un
amigo

Por cada novo membro colaborador que consigas para a Fundación Celta, recibirás un agasallo. Contacta connosco e informarémoste.

O voso mecenado ten premio!

Membros de honra
e protectores

A Membresía convídache a formar parte do corazón latexante do Celta, integrándote
nun legado de impacto social que transforma vidas. É o máximo recoñecemento ao teu
compromiso coa comunidade.
Como Membro, a túa marca asóciase directamente coa esencia e os valores da
Fundación Celta, garantindo presenza institucional en todos os nosos canais e eventos
clave.

Se queres que a túa empresa forme parte deste proxecto, contacta connosco e
informarémoste de como facelo.

Creamos alianzas de
Impacto e alcance

O noso éxito mídese en vidas transformadas

Recoñecementos destacados polo noso labor social e inclusivo, como os Premios Down
Vigo, os Premios Liga Genuine, o Premio VIDE ou o Premio Catalejo 2025.


O noso compromiso social non ten fronteiras

Estamos presentes en toda Galicia e en varios países do mundo con proxectos de cooperación internacional.

1M

Beneficiarios potenciais

3M

Impactos en mass media

1M

Impresións en RRSS

Estamos
comprometidos
coa
transformación
social

Os programas da Fundación Celta diríxense a tres targets moi concretos, xerando máis
de 1,2 millóns de beneficiarios/as potenciais directos e indirectos.


Únete aos proxectos con

Corazón celeste

A nosa alianza é fundamental para seguir escribindo historias de superación, inclusión
e esperanza. Axúdanos a impulsar o corazón do Celta máis alá do campo.

Celta Integra e Escolas Integra

A inclusión, o gol máis celebrado

Ofrecemos oportunidades reais de desenvolvemento persoal, educativo e social a
todas as persoas que forman parte da comunidade celtista, con énfase na infancia e
mocidade, garantindo a súa preparación plena para a vida, dentro e fóra do terreo de
xogo.

Posiciona a túa marca como referente en responsabilidade social e integración


  • Presentación oficial

  • Presenza de marca nas equipacións

  • Presenza de marca nos eventos

  • Experiencias RSC con xogadores

  • Apadriñamento

  • Visibilidade nas RRSS oficiais


    Compromiso para temporada completa

    Temporada completa


    O Celta na Escola

    O corazón do celtismo

    Un programa educativo e social que conecta xeracións para compartir valores,
    fomentar o desenvolvemento persoal e crear referentes positivos na comunidade
    educativa galega. Impulsamos a transmisión de vida e valores dos maiores aos máis
    novos mediante actividades impartidas polo club

    Asocia a túa imaxe de marca á canteira do mundo


    • Presenza en programas

    • Presenza de marca en materiais

    • Presenza de marca nos eventos

    • Mención en presentacións

    • Participación como colaborador


      Compromiso para temporada completa

      Curso escolar

      Celtalks

      Historias reais de superación que inspiran xeracións

      O ciclo de charlas inspiradoras que pon á disposición dos máis novos a experiencia e o
      coñecemento de persoas relacionadas co mundo do deporte, que son exemplo de
      afouteza e corazón.

      Reforza a RSC da túa empresa e inspira un futuro mellor


      • Presenza en programas de ponencias

      • Presenza de marca nos eventos

      • Presenza de marca en contido audiovisual

      • Mención en RSS e notas de prensa


        Compromiso para temporada completa

        Ciclos anuais ou semestrais

        Invasión Celeste

        Correndo en familia pola solidariedade

        Carreira popular celebrada en Vigo para todas as idades. Promovendo a participación familiar, a conexión coa comunidade e a solidariedade cidadá.

        Conecta a túa marca co latexo dunha cidade solidaria


        • Presentación oficial

        • Naming da carreira

        • Entrevistas en medios

        • Presenza de marca no runner kit

        • Presenza en soportes do circuito

        • Mención en todos os medios


          Compromiso para temporada completa

          Evento anual

          O valor da
          Alianza

          Unha colaboración de altura. Potencia a túa imaxe e compromiso social ao tempo que optimizas a túa estratexia financeira e sostible.

          Reputación
          & Storytelling

          Xera un impacto positivo que resoará nos teus stakeholders. Convierte a túa participación nunha historia inspiradora que compartiremos coa nosa ampla comunidade.

          Máis de 3 millóns de impresións nas nosas redes sociais. Máis de 700 mil visualizacións en vídeos propios.
          Máis de 60.000€ de post valuation nas nosas redes sociais.

          Aparición periódica na prensa escrita e online.

          Beneficios
          & Fiscais

          Contribúe a transformar vidas e obtén un retorno financeiro a través de importantes
          reducións de impostos. Unha inversión intelixente e socialmente responsable.

          Desgrava ata o 80% da túa doazón na declaración da renda (IRPF).
          Deduce desde o 40% da túa doazón no Imposto de Sociedades (IS).
          A doazón ou patrocinio á Fundación Celta é unha alternativa legal que pode eximirte de implementar o 2% de inclusión na túa empresa.

          Aliñamento
          RSC, ESG, ODS

          Aliña a túa empresa cos estándares internacionais e demostra un compromiso
          auténtico co desenvolvemento sostible, a responsabilidade corporativa e a gobernanza
          ética.
          Todos os nosos programas están pensados para dar resposta á estratexia social da túa
          marca. Incluíndo accións encamiñadas á RSC, ESG e ODS.

          Responsabilidade Social Corporativa (RSC) Environmental - Social - Governance (ESG) Obxectivos de Desenvolvemento Sostible incluídos na Axenda 2030 da ONU (ODS)