O Celta Integra Zelnova brilla na segunda fase de LALIGA GENUINE Moeve en Gijón cun pleno de triunfos
7 Abril 2026
A Fundación Celta e Down Vigo únense a ‘Mares Circulares’ nunha gran xornada de inclusión e sostibilidade no río Lagares
10 Abril 2026

A Madroa acolle un adestramento compartido entre o Celta Integra Zelnova e alumnado de Francia e Chapela

7 Abril 2026

O fútbol é unha linguaxe universal capaz de unir culturas e xerar aprendizaxes únicos. Así o vivimos en A Madroa, onde o Celta Integra Zelnova exerceu de anfitrión nunha xornada de convivencia co alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES de Chapela e do Lycée Marie Le Franc de Lorient (Francia).

A xornada comezou coa proxección do documental “Os que nunca se renden”, unha peza que reflicte o espírito de superación e compañeirismo do noso equipo inclusivo. Tras inspirarse coas historias dos nosos protagonistas, alumnos e xogadores saltaron ao céspede para compartir un adestramento dinámico onde o deporte borrou calquera barreira lingüística ou de capacidade.

Para a Fundación Celta foi un privilexio achegar a realidade do deporte adaptado a estes futuros profesionais. Unha experiencia bidireccional onde os estudantes practicaron valores como a empatía e a inclusión, mentres os nosos xogadores gozaron compartindo a súa paixón. Seguimos demostrando que o deporte é o motor do fútbol que transforma vidas.


Etiquetas da nova

Ir o contido