SAMU REÚNE Á FAMILIA DO CELTA INTEGRA ZELNOVA EN DIVERSUM PARA CELEBRAR A INCLUSIÓN REAL
12 Febreiro 2026
As Celtalks Adeslas abordan a prevención de adiccións coa Asociación Érguete
17 Febreiro 2026

O Celta vive unha xornada de convivencia xunto ao Celta Integra Zelnova

13 Febreiro 2026

O primeiro equipo do Celta viviu unha xornada moi especial xunto ao Celta Integra Zelnova, nun encontro que volveu poñer en valor o compromiso do club coa inclusión e a unión de toda a familia celeste.

O día comezou no Auditorio da Universidade de Vigo, onde os xogadores do Celta asistiron ao visionado de «Os que nunca se renden», o documental producido por Celta Media que mostra o día a día, a afouteza e o corazón dos xogadores do Celta Integra e das súas familias. Posteriormente, ambos equipos compartiron unha serie de actividades cargadas de compañeirismo, risas e ganas de desfrutar xuntos.

Unha xornada moi especial que reafirma que o Celta é, ante todo, unha gran familia.

Revive a emotiva xornada de convivencia: https://www.instagram.com/p/DUoSJCXjBw7/


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido