A Fundación Celta e a Deputación de Pontevedra únense para o desenvolvemento de proxectos sociais a través do deporte
11 Marzo 2026
Máis alá das fronteiras: o compromiso da Fundación Celta con Senegal faise máis forte
6 Abril 2026

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A IX INVASIÓN CELESTE BY PROFAND

6 Abril 2026

A Fundación Celta anuncia a apertura do prazo de inscricións para a IX Invasión Celeste by Grupo Profand, a agardada carreira popular que se celebrará o vindeiro 26 de abril. Un evento xa consolidado como unha auténtica festa do celtismo que combina deporte, familia e solidariedade nunha xornada pensada para todas as idades.

Ademais de reunir a centos de afeccionados arredor do deporte, a carreira volve ter un importante compoñente solidario. O Grupo Profand achegará un euro adicional por cada euro que os participantes decidan doar voluntariamente durante o proceso de inscrición, multiplicando así o impacto da iniciativa. O importe recadado destinarase integramente á Asociación CTNNB1 España, entidade creada por familias de nenos afectados pola síndrome CTNNB1, un trastorno xenético grave do neurodesenvolvemento. Esta asociación traballa para acompañar e apoiar ás familias, ofrecer información e orientación, así como promover a investigación para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas. Tamén impulsa actividades solidarias, iniciativas de sensibilización social e programas de axuda para terapias necesarias.

A edición deste ano incorpora importantes novidades para seguir ampliando a participación. A Fundación García Chillón Orlando patrocina unha nova categoría inclusiva, pensada para que máis persoas poidan formar parte desta gran festa do deporte. Ademais, incorpórase a modalidade de andaina, ampliando as opcións para quen prefire completar o percorrido camiñando.

MODALIDADES E PREZOS

10K, 5K, Andaina e Inclusiva:

13 € ata o 26 de marzo.

16 € do 27 de marzo ao 19 de abril (data límite de inscrición).

Categorías base (1K e 50 m): 10 €.

HORARIOS DE SAÍDA

10:00h – Rúa Príncipe: 10K, 5K, Andaina e Inclusiva.

11:30h – Interior de Abanca Balaídos: Categorías base (acceso pola grada de Río).

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse o día previo, o sábado 25 de abril, na tenda oficial do Celta de A Sede (Rúa Príncipe) de 10:00h a 21:00h. O domingo tamén se entregarán dorsais de 8:30h a 9:30h na tenda de Príncipe para as carreiras de 5K, 10K, Andaina e modalidade inclusiva. En Abanca Balaídos poderán recollerse para as carreiras de 1K e 50m.

SERVIZOS PARA PARTICIPANTES

Gardarroupa
 Entrega na rúa Velázquez Moreno e recollida en Abanca Balaídos.

Duchas
Dispoñibles en Abanca Balaídos.

Avituallamento
 Punto de hidratación no medio do percorrido de 10K e avituallamento final en todas as categorías.

¡Non te perdas a IX Invasión Celeste by Profand e goza dunha xornada única onde o deporte, a solidariedade e o celtismo volven correr xuntos!


Etiquetas da nova

Ir o contido