PRESENTACIÓN XINZO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|presentación Xinzo horizontal|FOTO VERTICAL PRESENTACIÓN XINZO||
Presentación da sede de Xinzo de Limia do campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá
1 Xuño 2021
FIRMA CONVENIO SALON REGIO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
A Fundación Celta asina un convenio de colaboración co Fútbol Club Gondizalves de Braga
3 Xuño 2021

Presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá 2021 – Ares

1 Xuño 2021

 

A Fundación Celta presentou esta mañá o Campus de verán by Cabreiroá 2021 – Ares, organizado  conxuntamente co club de fútbol local ADR Numancia e o Concello de Ares a través da súa concellería de deportes e que se celebrará do 12 ao 23 de xullo nas instalacións do Campo Prados Lanuxes. Esta actividade está destinada a nenos de 4 a 16 anos de idade, que participarán en horario de 9:45 a 14 horas.

 

A presentación -que se celebrou no Salón da Alcaldía do Concello de Ares- contou coa presenza da concelleira de Deportes Noelia Montero, a presidenta do Numancia Elena Fuentes e o Delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol Abraham Yáñez, que recibiron ao director da Fundación Germán Arteta e ao Coordinador de Campus e Escolas da Fundación Celta Manu Gómez.

 

Durante o acto presentáronse todos os detalles do campus dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles mozos e mozas que queiran gozar durante uns días dunha experiencia celeste en Ares.

 

Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.

 

Non esperes máis e lembra que tes a promoción ata o 4 de xuño dunha camiseta extra de adestramento gratis se te inscribes antes desa data, as inscricións xa están abertas para este verán!

 


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido