PRESENTACIÓN ARES NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|presentación Ares horizontal|FOTO VERTICAL PRESENTACIÓN ARES||||
Presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá 2021 – Ares
1 Xuño 2021
PRESENTACIÓN A ESTRADA NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|||PRESENTACIÓN A ESTRADA VERTICAL 420 X 620 PX|PRESENTACIÓN SEDE A ESTRADA FOTO HORIZONTAL
Presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá 2021 – A Estrada
5 Xuño 2021

A Fundación Celta asina un convenio de colaboración co Fútbol Club Gondizalves de Braga

3 Xuño 2021

O Salón Regio de A Sede acolleu o acto de firma do convenio entre a Fundación Celta e o Fútbol club Gondizalves, situado na veciña cidade de Braga, en Portugal. Asistiron Germán Arteta como director da Fundación, Marcos Alonso e Diego García como responsables deportivos de Celta Academy, Pedro Lamego como coordinador do conxunto portugués e o seu presidente Alberto Lamego.

 

Con este acordo conséguese a tan anhelada presenza no país veciño, a través dun seguimento próximo do club, con visitas periódicas por parte dos técnicos da canteira celeste, para supervisar os adestramentos e asesorar aos adestradores locais, buscando unha liña de traballo común coa metodoloxía do RC Celta como fío condutor.

 

Espérase que a actividade comece coa nova tempada no mes de agosto, con preto de 100 mozos e mozas entre 3 e 17 anos. Tamén está prevista a realización de diferentes actividades formativas e deportivas entre ambas entidades ao longo da tempada, así como a posibilidade de que os novos talentos portugueses poidan vivir experiencias deportivas cos seus homólogos vigueses.

 

Con esta acción a Fundación Celta coloca un bandeira máis no seu mapamundi particular, tendo xa presenza periódica en preto de 20 países, utilizando ao fútbol como vehículo de valores e proxectando a imaxe do club máis aló das nosas fronteiras.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido