
O Celta amosou as súas novas equipacións oficiais para a temporada 2026/2027 nunha presentación conxunta que contou coa participación de dous xogadores do Celta Integra Zelnova. Os futbolistas do equipo inclusivo compartiron protagonismo no lanzamento ao carón de xogadores do primeiro equipo masculino e de As Celtas.
A iniciativa volve amosar a integración real de tódalas categorías do club, que vestirán o mesmo deseño durante a vindeira campaña. A presenza dos xogadores do Celta Integra Zelnova neste acto reafirma o compromiso da entidade coa igualdade e co traballo que desenvolve a Fundación Celta en todas as súas áreas.
Con esta presentación, o Celta dá o pistoletazo de saída á nova temporada 2026/2027, amosando a unión dos seus diferentes equipos baixo unha mesma camiseta.
