Unha xornada inesquecible en Afouteza: o primeiro equipo comparte sorrisos co celtismo máis valente
28 Maio 2026
A Dra. Pomba Liñares ofreceu as claves para comprender o cerebro adolescente na cuarta edición das Celtalks Adeslas
1 Xuño 2026

O impacto social do Celta Integra Zelnova, recoñecido nos premios Granadas Solidarias Galicia

1 Xuño 2026

O recoñecemento pon en valor especialmente o labor desenvolvido mediante o programa Celta Integra Zelnova, un proxecto que utiliza o fútbol como ferramenta de crecemento, compañeirismo e superación. A través desta iniciativa, a Fundación Celta xera espazos inclusivos que favorecen a participación e o desenvolvemento integral das persoas, contando ademais coa implicación dos usuarios e usuarias do Fogar e Clínica San Rafael.

A entrega de premios tivo lugar o pasado 28 de maio en Vigo, no marco da gala Granadas Solidarias Galicia, que reuniu preto dun cento de representantes do ámbito empresarial, social e institucional galego. A cita naceu co obxectivo de recoñecer proxectos, entidades e traxectorias que contribúen a construír unha sociedade máis inclusiva, solidaria e comprometida coas persoas.

Para a Fundación Celta, esta distinción supón un importante respaldo ao traballo que vén desenvolvendo para utilizar o fútbol como motor de transformación social. Un recoñecemento que reforza o compromiso da entidade coa inclusión e que anima a seguir impulsando iniciativas que xeren oportunidades, fomenten valores e contribúan ao benestar da sociedade galega.


Etiquetas da nova

Ir o contido