Germán Arteta repasa en Televigo o presente e futuro dos proxectos sociais da Fundación Celta
5 Maio 2026
Fútbol, inclusión e esforzo compartido nunha tarde única para o Celta Integra Zelnova e o equipo de Zelnova Zeltia
22 Maio 2026

A educación ambiental e o deporte danse a man nunha nova iniciativa da Fundación Celta

15 Maio 2026

A Fundación Celta impulsou unha nova acción de sensibilización ambiental xunto a APROEMA e o Celta na Praia e Paseo de Arealonga, onde 25 canteiráns do club vigués, acompañados por 3 adultos coordinadores do Celta e 2 educadores ambientais de APROEMA, participaron nunha xornada educativa centrada na separación de residuos e no coidado da contorna litoral.

A actividade, celebrada o pasado 7 de maio, combinou educación ambiental, traballo en equipo e concienciación social a través de dinámicas participativas nas que os mozos aprenderon a identificar e clasificar distintos tipos de residuos presentes en espazos costeiros. Durante a sesión tamén reflexionaron sobre a relación entre hábitos de consumo, contaminación mariña e sustentabilidade.

En total, recolléronse de maneira estimada máis de 56 quilos de residuos, entre eles materiais voluminosos como palés, espumas, cascallos e residuos metálicos, ademais de envases, vidro, papel-cartón e cabichas.

Con esta iniciativa, a Fundación Celta reforza o seu compromiso coa educación en valores e coa sustentabilidade, promovendo entre os máis novos hábitos responsables e o respecto polo medio ambiente.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido