equipo-celta-juvenil-a-2019-2020-ok.jpg
A canteira do RC Celta sitúase entre as mellores de Europa
23 Outubro 2019
eurorrexion-getafe.jpg
‘Eurorrexión celeste’ recibe a visita do Club de Fútbol Carreira de Riveira
4 Novembro 2019

Xornada de convivencia na Madroa con Fundación Celta Integra

25 Outubro 2019

Este xoves 25 de outubro, ao redor de 60 alumnos do Colexio Compañía María asistiron ás instalacións deportivas da Madroa co obxectivo de coñecer a experiencia Celta Integra.

A actividade comezou cunha charla impartida por Alex Abalde -corpo técnico-, na que de maneira cronolóxica presentou ao equipo Fundación Celta Integra, explicou e desenvolveu a actividade que realiza o equipo desde o primeiro adestramento, fai xa catro anos, ata a actualidade.

A convivencia culminou cunha sesión de adestramento entre os alumnos e os membros do vixente campión de LaLiga Genuine nunha gran experiencia tanto para os alumnos do Colexio Compañía María como para os xogadores da Fundación Celta Integra, nunha actividade que dificilmente poderán esquecer.

 


Etiquetas da nova

Ir o contido