PRESENTACIÓN LALÍN NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|||PRESENTACIÓN LALÍN FOTO HORIZONTAL|PRESENTACIÓN LALÍN VERTICAL 420 X 620 PX
Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá – Lalín
5 Xuño 2021
PRESENTACIÓN MONDOÑEDO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|||
Presentación del Campus Fundación Celta by Cabreiroá 2021 en Mondoñedo
9 Xuño 2021

Presentación do Campus de verán by Cabreiroá 2021 en Barreiros

9 Xuño 2021

A Fundación Celta presentou no Salón de plenos do Concello de Barreiros,  a sede do Campus de verán que se celebrará na localidade, organizado de maneira conxunta cos clubs de fútbol locais Celta de Barreiros e Iberia e o Concello de Barreiros a través da súa concellería de deportes.

 

Actuaron como anfitrións do acto Ana Ermida, alcaldesa do Concello de Barreiros e Daniel García, concelleiro de deportes quen recibiu a Germán Arteta, director da Fundación e Manu Gómez, coordinador de campus e escolas.

 

Durante o acto presentáronse todos os detalles do campus, que se celebrará do 2 ao 4 de agosto nas instalacións do Campo de O Cascabeiro  e do 5 ao 6 de agosto nas instalacións do Campo de As Valgas. Esta actividade está destinada a nenos de 4 a 16 anos de idade, que participarán en horario de 9:45 a 14 horas.

 

Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.

 

As inscricións xa están abertas para este verán!

 

 


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido