Presentación campus Denis||CAMPUS DE VERANO DENIS SUÁREZ WHATSAPP|
Presentación do Campus de verán Fundación Celta Denis Suárez by Cabreiroá
22 Maio 2021
PRESENTACIÓN PABELLÓN NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|PRESENTACIÓN PABELLÓN VERTICAL 420 X 620 PX|PRESENTACIÓN PABELLÓN FOTO HORIZONTAL||
A Fundación Celta e Pabellón Ourense presentan o Campus de verán 2021
28 Maio 2021

Presentación da sede de Oroso (Sigüeiro) do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá

27 Maio 2021

Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá  presentou esta mañá nas instalacións do Campo Municipal Lino Balado a undécima edición nesta sede, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, un programa externo en horario de 9.30h a 14.00h.

 

O campus, dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, conta con adestramentos seguros aplicando o protocolo especial covid-19 en grupos reducidos e a cargo dos técnicos da Canteira.

 

O acto contou coa presenza de Germán Arteta, director da Fundación Celta e Manu Gómez, coordinador de campus e escolas, que foron recibidos polo Concelleiro de deportes Antonio Leira, o Presidente do ED Xuventude Oroso José Ferro, e o coodinador do club Gonzalo Goyanes.

 

Durante o acto presentáronse todos os detalles da XI Edición do Campus Fundación Celta by Cabreiroá – Oroso dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles mozos e mozas que queiran gozar durante uns días dunha experiencia única en Oroso.

 

Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic nesta ligazón.

 

Non esperes máis e lembra que tes a promoción ata o 4 de xuño dunha camiseta extra de adestramento gratis se te inscribes antes desa data, ¡as inscripcións xa están abertas para este verán!

 


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido