CAMPUS TANZANIA NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|||||||||||
III Edición do Campus Fundación Celta en Tanzania
14 Xullo 2023
PERFECCIONAMIENTO F11 04||||||PERFECCIONAMIENTO F11 03|||A Madroa PERFECCIONAMIENTO FÚTBOL 11 FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX
Primeira edición do campus de perfeccionamento de Fútbol 11 Fundación Celta by Cabreiroá 2023
19 Xullo 2023

En marcha a cuarta semana dos campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023

19 Xullo 2023

Pechouse unha nova semana de campus coa celebración das cerimonias de clausura nas diferentes sedes, A Madroa , Cambados, Lalín, Vitoria FC de Santiago, Mondoñedo e Vila de Corpus en Ponteareas, con presenza de numerosos familiares onde cada participante recibiu o seu diploma conmemorativo dunha semana chea de aprendizaxes, diversión e socialización, e todos xuntos acabamos entoando o himno do RC Celta como broche final. Na sede da Madroa contamos co tradicional taller de primeiros auxilios a cargo da Asociación VODEA..

E sen pausa xa nos puxemos en marcha coa cuarta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023 con sedes na Madroa, Campo Federativo de Coia, Marcón e Ares. Gran éxito de participación en todas as sedes onde tivemos que colgar o cartel de prazas esgotadas o cal nos supón unha enorme satisfacción pola gran aceptación que están a ter todas as sedes.

Tamén continuamos con algunha presentación que tiñamos pendentes e esta vez desprazámonos ata o concello de Maceda onde nos recibiu a nova alcaldesa e os responsables do Club escolas deportivas Concello de Maceda. O campus creou unha gran expectación no concello e hai unha enorme ilusión pola súa posta en marcha.

Xa nos acercamos ás semanas finales de campus pero todavía quedan sedes e prazas, consulta a información e non deixar pasar a oportunidade de participar nesta edición do primeiro centenario do RC Celta. Info e inscrións AQUÍ.

A Madroa

Presentación sede Maceda

Sede Mondoñedo

Sede Marcón

Sede Coia

Sede Vila do Corpus

Sede Victoria FC de Santiago

Sede Lalín

Sede Cambados


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido