Un comezo de ano emocionante: a historia do Celta Integra xa é vosa
2 Xaneiro 2026
R renova unha tempada máis o seu compromiso co Celta Integra Zelnova
3 Febreiro 2026

Éxito da campaña Celeste Solidario coa doazón de centos de xoguetes

7 Xaneiro 2026

A campaña “Celeste Solidario” concluíu coa recollida e posterior doazón de centos de xoguetes. O espírito solidario do celtismo volveu brillar con forza este Nadal grazas a esta iniciativa impulsada polo Celta e a Fundación Celta que, un ano máis, logrou transformar a ilusión en sorrisos.

Durante a primeira quincena de decembro, as tendas oficiais do club recibiron a centos de persoas que non dubidaron en achegar o seu gran de area e depositaron nos respectivos puntos os xoguetes para que ningún neno quedase sen o seu agasallo neste Día de Reis. Uns xoguetes que, tras pecharse a campaña “Celeste Solidario”, foron doados á Fundación Fogar San José de Vigo.

Hoxe, cos Reis Magos xa de volta en Oriente e os xoguetes en mans de quen máis os esperaba, podemos dicir con orgullo que esta campaña foi todo un éxito; unha iniciativa que é toda unha tradición e que reflicte os valores de solidariedade tanto do club coma de toda a súa afección. A Fundación Celta quere agradecer a implicación e o compromiso de todas as persoas que participaron por demostrar, unha vez máis, que en realidade “isto vai de corazón”.


Etiquetas da nova

Ir o contido