
A Fundación Celta celebrou a segunda sesión de CelTalks, o ciclo de charlas creado para inspirar ás novas xeracións a través de historias reais de superación persoal e deportiva. Nesta ocasión, a protagonista foi a atleta paralímpica Adiaratou Iglesias, campioa do mundo e medallista en Tokio, coñecida pola súa traxectoria chea de retos e pola súa capacidade para converter as dificultades en impulso.
Adiaratou compartiu coa audiencia a súa historia vital, marcada pola superación de múltiples baches e pola forza coa que afrontou a discapacidade e distintas circunstancias da vida. Contou como o atletismo lle abriu unha porta ao crecemento persoal e como a súa actitude positiva e o apoio do seu entorno foron determinantes para acadar o éxito.
No acto participaron mozos e mozas da cantera de fútbol masculina e feminina, do Celta Integra, das xogadoras de Celta Baloncesto e de clubes convenidos, que seguiron con atención unha charla chea de emoción, aprendizaxe e reflexión. Falouse do esforzo, da autoestima, da importancia de confiar en un
mesmo e de atopar motivación nas dificultades.
Con esta iniciativa, la Fundación Celta refuerza su compromiso con la juventud como eje central de su labor social y educativa. A través de las CelTalks, se busca generar un impacto real en los más jóvenes, acercando referentes que inspiran desde la experiencia y los valores.
A través desta iniciativa, a Fundación Celta reafirma o seu compromiso coa mocidade e coa transmisión de valores. As CelTalks nacen para inspirar, ofrecer referentes próximos e amosar que o deporte é tamén unha ferramenta de educación e inclusión social.
A sesión rematou cun coloquio entre Adiaratou e os asistentes, no que houbo tempo para preguntas, risas e mensaxes de optimismo e esperanza.
Esta segunda edición consolida as CelTalks como un espazo de diálogo, aprendizaxe e inspiración no que a Fundación continúa achegando o deporte á sociedade.


