destacado do celta alicia tojeiro|curso do 41021
A ‘mellor profesora de España 2020’ protagoniza o regreso de Curso Denominación de Orixe Celta
4 Outubro 2021
ESCUDO-1300x400-02|1080_acuerdo|acuerdo_1920
O proceso de captación no fútbol, protagonista da man de Alfredo Merino no Curso DO Celta
19 Outubro 2021

Sergio Álvarez enche de contido e ilusión a Escola de Porteiros que leva o seu nome

6 Outubro 2021

A Escola de Porteiros Sergio Álvarez xa está a pleno funcionamento. Esta nova iniciativa da Fundación Celta, que tivo unha gran acolleita, foi presentada nas Instalacións Deportivas da Madroa, onde os nenos gozaron ao máximo coa presenza do ex guardameta celeste.

A Escola foi presentada polo director da Fundación Celta, Germán Arteta, nun acto no que tamén participaron o propio Sergio, Manu Gomez. Responsable das escolas de fútbol da Fundación celeste e Adrián Aguiar, coordinador e adestrador da Escola de Porteiros.

Tralas intervencións, os nenos inscritos na escola gozaron do primeiro adestramento, no que recibiron os consellos do ex porteiro celeste, quen a continuación lles ofreceu unha breve charla técnica e entregou a cada porteiro unhas luvas coa súa firma.

 

INSCRÍBETE AQUÍ

 


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido