imagen destacada|||CAMPUS DE VERANO CON INFO  letras rojas1200 x 1404 horizontal 3D|CAMPUS DE VERANOfoto vertical web 420x680|||||||||CAMPUS DE VERÁN 21 RRSS|||
En marcha os Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2021
6 Maio 2021
PROMO SEDES RRSS|CAMPUS LOS SAUCES FOTO VERTICAL 420 X 620 PX|CAMPUS LOS SAUCESfoto horizontal||
Presentación Oficial do Campus Fundación Celta by Cabreiroá 2021 na sede Los Sauces Pontevedra
20 Maio 2021

Fundación Celta e Universidade de Vigo inician unha innovadora colaboración para o desenvolvemento de iniciativas formativas

6 Maio 2021

 

O presidente do RC Celta e da Fundación do club, Carlos Mouriño, e o rector da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron esta mañá no Salón Regio de A Sede, un convenio marco de colaboración que supón o inicio dun ilusionante camiño no que ambas institucións desenvolverán iniciativas formativas conxuntas, en especial relacionadas co mundo do deporte, de gran interese para a sociedade.

Entre os puntos que recolle o convenio destacan a organización e desenvolvemento de títulos propios vinculados especialmente ao ámbito do deporte e da xestión deportiva, a colaboración en actividades académicas das titulaciones oficiais da Universidade de Vigo ou a cooperación en todo tipo de proxectos culturais e deportivos de interese común.

Este convenio, que supón un avance innovador na relación entre o mundo académico e o do fútbol para a construción de proxectos e iniciativas formativas, terá unha duración de dous anos prorrogable.

Ao evento acudiron, ademais do presidente celeste e o rector, o director da Fundación, Germán Arteta, María José Moure, directora da Escola Aberta de Formación Permanente e Xabier Martínez Cobas, profesor titular de Universidade.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido