banner fundación 2532x 1672||banner tienda vertical
Clínics de Nadal Fundación Celta by Cabreiroá 2021
3 Decembro 2021
celeste solidario NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|||celeste solidario FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX|celeste solidario FOTO VERTICAL 420 X 620 PX|||||
Arrinca a campaña Celeste Solidario
13 Decembro 2021

Xa están abertas as inscripcións dos Clínics de Nadal da Fundación Celta 2021

13 Decembro 2021

Xa están abertas as inscripcions para os CLINICS DE NADAL FUNDACIÓN CELTA. Durante tres días se levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 27, martes 28 e mércores 29 de decembro.

As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:

  • A Madroa (Vigo) – Luns, martes e mércores. Martes inclúe Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ para os porteiros.
  • MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • PABELLON OURENSE (Ourense) – Luns e martes.
  • VIANA DO BOLO (Ourense) – Martes e mércores.
  • DUMBRÍA (A Coruña) – Luns e martes.
  • AGUIÑO-RIBEIRA (A Coruña) – Martes e mércores.

Para porteiros…

  • Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en A MADROA (Vigo) – Martes
  • Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Mércores

As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do fútbol da man do RC Celta e os adestradores das súas categorías inferiores.

Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do  fútbol e do RC Celta.

E todo baixo o control dun Protocolo COVID segundo as medidas restritivas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas, que xa temos en práctica todo o ano co resto de actividades deportivas organizadas (escolas de fútbol, adestramentos da canteira, campus de verán…) e con extraordinarios resultados.

As inscricións estarán abertas ata o domingo 26 de decembro ás 14:00h. A través da propia web da Fundación Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Pica aquí para obter máis información e tramitar as inscricións

 

 


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido