Imagen-Destacada Edu Covelo formación Colombia|Imagen vertical Edu Covelo formación Colombia|Imagen horizontal Edu Covelo formación Colombia|||||||||
O RC Celta explica o seu método de traballo coa Canteira en Colombia
15 Setembro 2023
eurorrexión celta Alavés FOTO VERTICAL 420 X 620 PX||EURORREXIÓN 2 CELTA ALAVÉS FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX
Eurorrexión Celeste recibe a visita do equipo feminino Club Sporting San Mateo de Ponteareas ante o RC Celta vs Deportivo Alavés
29 Setembro 2023

Os celtistas tinguiron de celeste as rúas de Vigo na VII Invasión Celeste by Profand

25 Setembro 2023

Este domingo 24 de setembro celebrouse a VII edición da Invasión Celeste by Profand, a carreira popular que cada ano organiza a Fundación Celta con fins benéficos; pois parte da recadación foi destinada polos corredores e Profand a Bicos de Papel, a asociación de axuda a nenos ingresados en oncoloxía do do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Máis de 1.000 celtistas de todas as idades uníronse a esta iniciativa, que propoñía un plan de domingo diferente, percorrendo as rúas da cidade olívica. Así, o punto de encontro e o pistoletazo de saída do percorrido senior tiña lugar en A Sede, en pleno centro de Vigo. A partir de aí, debuxábanse 8 quilómetros que pasaban por lugares tan emblemáticos da cidade como a Biblioteca Pública Juan Compañel, emprazamento onde fai cen anos nacía o Real Club Celta, para terminar no Estadio Abanca Balaídos, lugar de reunión celeste e por un día, meta desta particular carreira.

Alí terminaba o percorrido, pero só facía que comezar esta festa celeste. Nos arredores e nas entrañas do Estadio, os máis pequenos puideron disputar a súa propia carreira, mentres os máis maiores recobraban o alento e festexaban cos seus familiares e amigos o logro recentemente alcanzado.

Na categoría masculina, foi Sergio García quen se alzou como campión, terminando o percorrido desta sétima edición da Invasión Celeste by Profand en menos de trinta minutos. Pola súa banda, na categoría feminina era Rocío Rodríguez a que se facía co primeiro lugar, cun tempo de 34 minutos.

Un domingo diferente e especial. Un día moi celeste, e unha mañá que sería o preludio ao que Abanca Balaídos recollería unhas horas despois: a vitoria do Celta Fortuna no seu derbi ante o Arenteiro. Día redondo para os seareiros de corazón.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido