Imagen de WhatsApp 2025-01-14 a las 10.30.06_ff9c7601|cartel CIELO Y ARENA
“Cielo y Arena”: Un documental da Fundación Celta e a Fundación García Chillón Orlando sobre o poder transformador do fútbol en Senegal
14 Xaneiro 2025
20250123_CIELOyARENA_Documental_CeltaMedia-216x9|20250123_CIELOyARENA_Documental_CeltaMedia-216x91x1
Éxito na estrea do documental “Cielo y Arena”
23 Xaneiro 2025

Cambio de data da VIII Invasión Celeste by Profand

15 Xaneiro 2025

16-9A Fundación Celta cambia de data da VIII edición da Invasión Celeste, que orixinalmente estaba prevista para o 16 de febreiro. Este evento, consolidado como unha auténtica festa do celtismo, celebrarase finalmente o próximo 23 de marzo.

O motivo deste cambio é o inicio das obras na Bancada de Gol, que obrigaron a modificar a planificación por razóns de loxística. O RC Celta lamenta este axuste, pero prioriza a seguridade dos participantes e o éxito do evento.

As inscricións para esta xornada popular que combina deporte, familia e solidariedade seguen abertas, e o RC Celta espera unha gran participación co obxectivo de tinguir de celeste Vigo.

Vémonos, celtistas!


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido