lotería-web-1-3.jpg||||lotería-web-1-2.jpg|loteria 2020 cuadrada fundacion celta
Xa á venda a lotería de Nadal da Fundación Celta
8 Outubro 2020
egipto|mido
A canteira do RC Celta, modelo a seguir en Exipto
21 Outubro 2020

A Fundación Celta e a Escola de Fútbol de Denis Suárez unen os seus camiños

19 Outubro 2020


A Fundación Celta e a Escola de Fútbol de Denis Suárez unen os seus camiños: a entidade posta en marcha polo canteirán celeste será “Club Convido da Fundación Celta”, un gran paso adiante para ambas institucións.

O acordo foi asinado no Salón Rexio da Sede pola conselleira do RC Celta María José Táboas e Ramón Suárez, presidente da Escola de Fútbol, coa presenza tamén do futbolista celeste e do director da Fundación Celta, Germán Arteta.

A Escola de Fútbol de Denis Suárez está situada en Salceda de Caselas, localidade natal do futbolista, e aglutina doce categorías distintas con máis de 200 mozos e mozas que compiten nas ligas locais e rexionais.

A Fundación suma desta maneira un novo Club Convido ao medio centenar que xa forman parte das entidades vinculadas a esta institución. O obxectivo destes acordos é contribuír á formación do tecido futbolístico galego coa contribución directa dos técnicos da canteira celeste, que ofrecen cursos e charlas aos clubs convidos para compartir con eles os seus coñecementos.

O convenio estará en vigor durante a presente tempada coa posibilidade de prorrogar esta relación.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido