WhatsApp Image 2025-06-23 at 11.23.45 (3)|
Fundación Celta Integra, brillante subcampión no torneo MADCUP 2025, a Copa de España FEDDI
26 Xuño 2025
ESCUELAS DE FUTBOL CELTA Generico horizontal|ESCUELAS DE FUTBOL CELTA Sedes|GENERICO HORIZONTAL - futbol celta|
Abertas as inscricións Escola de Fútbol Celta para o curso 2025/26
13 Agosto 2025

A Fundación Celta e WedomGroup únense para impulsar o talento deportivo dos mozos

31 Xullo 2025

A Fundación Celta e a empresa galega Wedom, especializada en téxtil para o fogar, veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar o talento deportivo da mocidade futbolista a través do programa de bolsas deportivas da Fundación.

WedomGroup é un referente no sector téxtil con máis de 30 anos de traxectoria no deseño, produción e distribución de produtos para o fogar. Con sede en Pontevedra, WedomGroup é un modelo para as empresas galegas e agora, grazas a este acordo de colaboración co club, reafirma o seu compromiso co desenvolvemento social, educativo e deportivo de Galicia, contribuíndo a crear oportunidades para a mocidade tanto dentro como fóra do terreo de xogo.

Grazas a esta alianza, a Fundación Celta reforza o seu programa de bolsas permitindo que centos de rapazas e rapaces continúen coa súa formación deportiva e académica nun entorno de alto rendemento.
“Contar co apoio de empresas como Wedom é clave para seguir desenvolvendo iniciativas que cambian vidas. O seu compromiso reforza o noso traballo e permítenos chegar a máis mozos e mozas con proxectos que combinan deporte, educación e valores”, afirma Germán Arteta, director da Fundación Celta.
Unhas palabras que concordan coas de Alberto García, padroeiro da Fundación, tamén presente na sinatura do acordo, quen quixo subliñar que “esta unión representa unha oportunidade única para seguir construíndo futuro desde o presente, con compromiso, proximidade e paixón. Todo iso, da man dunha empresa que comparte a nosa visión de transformar a sociedade a través do deporte”.

Pola súa banda, para WedomGroup esta colaboración forma parte da súa política de responsabilidade social corporativa, que busca xerar un impacto positivo na sociedade.
“Quen formamos o equipo Wedom sentimos unha gran ilusión, honra e orgullo por formar parte deste proxecto. A nosa colaboración coa Fundación Celta é froito do compromiso compartido co desenvolvemento social a través do deporte. Xuntos traballamos para impulsar o talento da nosa comunidade e brindar oportunidades reais a quen pode marcar a diferenza. Con esta achega queremos dar visibilidade ao talento local, abrir portas e construír soños xuntos”, sinala Alberto Domínguez, CEO de Wedom Group.

Con este acordo, o Celta reafirma a importancia de estreitar lazos con empresas locais coas que comparte o compromiso de seguir impulsando o talento de Galicia.


Etiquetas da nova

Ir o contido