CAFE DESTACADA|CAFE
O RC Celta únese á ‘Semana de Acción’ da asociación Football CAFE
22 Marzo 2024
CLAUSURA-MADROA-01||CLINIC SECLINIC SEMANA SANTA CLAUSURA FOTO VERTICAL 420 X 620 PX|||||||CLAUSURA-MADROA-01
Conclúen os clínic de Semana Santa Fundación Celta by Cabreiroá 2024
3 Abril 2024

Gabri Veiga recollerá o premio Manuel de Castro en Abanca Balaídos

28 Marzo 2024

Este domingo, Gabri Veiga recibirá o premio Manuel de Castro antes do encontro entre o RC Celta e o Rayo Vallecano no estadio Abanca Balaídos. Juan de Castro, neto do fundador do Club Manuel de Castro Hándicap, será o encargado de facer entrega do galardón que recoñece ao mellor xogador do RC Celta do ano 2023.

O acto terá lugar sobre o terreo de xogo tras o quecemento dos xogadores e minutos antes do inicio do partido.

O canteirán recibirá este recoñecemento ao seu brillante desempeño ao longo da tempada pasada, que deixou pegada na historia do club. Once goles e catro asistencias en 39 partidos foron os números do centrocampista na tempada 22/23 que, unidos ao seu compromiso e esforzo en cada partido, permitíronlle gañar este merecido premio.

Organizado polo RC Celta e a Fundación Celta, o XIII Trofeo Manuel de Castro by ‘Estrela Galicia 2023’ outórgase a través dunha votación conxunta na que participan o primeiro equipo, a prensa e a afección.


Etiquetas da nova

Ir o contido