Escola de porteiros Sergio Álvarez FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX||||escola de porteiros Sergio Álvarez 2 FOTO VERTICAL 420 X 620 PX|
Presentación da Escola de porteiros Sergio Álvarez
1 Decembro 2023
DONACIÓN GALFRÍO FOTO HORIZONTAL|||DONACIÓN GALFRÍO FOTO VERTICAL
Doazón de Galfrío á campaña ‘100 anos 100 toneladas’ da Fundación Celta a favor do Banco de Alimentos de Vigo
6 Decembro 2023

Arranca a campaña de recollida de xoguetes ‘Celeste solidario’

4 Decembro 2023

A Fundación Celta organiza, como cada Nadal, a campaña ‘Celeste Solidario’, este ano centrada na recollida de xoguetes e que terá como destinataria á organización ‘Cada niño un juguete’

O principal obxectivo desta campaña é o de mobilizar á afección para que achegue o seu granito de area na axuda a aqueles que máis o necesitan. Esta tempada a recollida de xoguetes terá lugar nas tendas oficiais do club en Abanca Balaídos e A Sede RC Celta ata o 21 de decembro, onde se habilitarán unhas caixas nas que depositar as doazóns – xoguetes novos ou en bo estado para nenos e adolescentes (balóns, mochilas, bicicletas, patíns…) en horario comercial.

Como vén sendo habitual, Celta Baloncesto participa na campaña organizando unha recollida durante o partido que disputará o Celta Zorka Recalvi no Pavillón de Navia lel 22 de decembro no pavillón de Navia a partir das 18:00h contra o Perfumerías Avenida. A recollida terá inicio unha hora antes do encontro.

Así mesmo volverase a realizar un ano máis unha recollida na Madroa, onde A Canteira e as Escolas Fundación Celta colaborarán apoiando a tradicional campaña.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido