EURORREXIÓN ELCHE NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|imagen vertical noticia web eurorrexión celta elche|imagen horizontal Eurorrexión Celta Elche noticia web
Eurorrexión recibe a visita dos concellos de Alfoz e O Valadouro no RC Celta vs Elche
16 Maio 2022
presentación Oroso NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px||||||
En marcha as presentacións dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiróa 2022
23 Maio 2022

As modalidades femenina e de futevolei completan a oferta formativa do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022

20 Maio 2022

Ademais do I Campus de porteros Sergio Álvarez, que xa adiantamos en días anteriores, este verán teremos outras modalidades novas, ademais do habitual campus de verán que levamos a cabo normalmente.

Así teremos un campus de futevolei, un deporte en auxe sobre todo nestas épocas estivais e con gran relación co futbol, que permitirá que os nenos/as gocen tanto deste deporte como do fútbol nunha contorna tan marabillosa como é a praia de Samil. Para este campus contamos coa colaboración do Club Futevolei Vigo que nos introducirá neste deporte tan técnico e con aplicación ao fútbol. Semana do 1 ao 5 de agosto.

Doutra banda, nas nosas instalacións da Madroa fixaremos a semana do 4 ao 9 de xullo para realizar un campus específico feminino que nos permita poñer en valor a cada vez máis numerosa participación da nenas no fútbol.


Etiquetas da nova

Ir o contido