firma cdc NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px|FIRMA CDC|firma cdc FOTO VERTICAL 420 X 620 PX|firma cdc FOTO_HORIZONTAL 378 X 250 PX
Grupo CdeC, novo Membro de Honra da Fundación Celta
31 Outubro 2020
firma mrw NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px|Firma Fundación MRW|mrw||
MRW e Fundación renovan o seu convenio de colaboración
12 Novembro 2020

Xa está aquí o concurso de postais de Nadal da Fundación Celta e El Corte Inglés

11 Novembro 2020

 

Como cada ano, a Fundación Celta presenta co Corte Inglés o tradicional concurso de postais de Nadal cuxa temática será o Real Club Celta. Este concurso vai destinado a todos os nenos e nenas de entre 5 e 14 anos que desexen participar. Os premios estarán divididos por categorías, cada unha das cales terá os seus agasallos.

Ata o 18 de decembro de 2020 será o prazo para realizar as postais que serán enviadas – escaneadas ou fotografadas- vía correo electrónico a comunicacion@fundacioncelta.com. Os traballos deberán ser realizados en tamaño A4 e a folla que podes descargar aquí. Está permitido calquera tipo de procedemento pictórico (acuarela, óleo, lapis, ceras, colaxe…). Consulta as bases aquí.

Desde a Fundación Celta animamos a todos os rapaces a participar neste clásico e do Nadal concurso no que o celtismo é o protagonista.

 


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido