denis suarez convenio escuelas 191020
A Fundación Celta e a Escola de Fútbol de Denis Suárez unen os seus camiños
19 Outubro 2020
firma cdc NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px|FIRMA CDC|firma cdc FOTO VERTICAL 420 X 620 PX|firma cdc FOTO_HORIZONTAL 378 X 250 PX
Grupo CdeC, novo Membro de Honra da Fundación Celta
31 Outubro 2020

A canteira do RC Celta, modelo a seguir en Exipto

21 Outubro 2020

egipto
 
Dous técnicos da canteira celeste, Marcos Alonso e Diego García Sarabia, atópanse en Exipto no primeiro evento que a Fundación Celta realiza no continente africano no marco do proxecto ‘Celta Academy’.

Da man de ‘3W Sports Investment’, os dous técnicos participarán nun draft de xogadores para o programa da televisión exipcia ‘You are the star’, onde seleccionarán un grupo de mozos para acudir a Vigo e realizar un stage con eles. Ademais, un dos futbolistas seleccionados adestrará toda a próxima tempada nalgún dos equipos das categorías inferiores do club.

A maiores, durante a súa estancia no Cairo os dous técnicos impartirán uns clínics para xogadores da zona e unha masterclass para técnicos locais na que explicarán toda a filosofía e metodoloxía da canteira celeste.

Marcos Alonso e Diego García Sarabia fixeron entrega dunha placa conmemorativa á Federación Exipcia de Fútbol e dunha camiseta personalizada ao exfutbolista do RC Celta, Ahmed Hossam ‘Mido’.


Etiquetas da nova

Ir o contido