sergio-sangue-doazon-2020.jpg
RC Celta e Deportivo promoven a doazón de sangue en Galicia
23 Marzo 2020
foto-asede-sanitarios.png
A residencia de A Sede reabre co mellor uso posible: aloxamento para persoal sanitario
11 Abril 2020

ABANCA Balaídos acolle este venres unha unidade móbil de doazón de sangue

2 Abril 2020

Este venres 3 de abril unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade estará no interior do estadio ABANCA Balaídos para que todas aquelas persoas que queiran facer unha doazón de sangue poidan facelo respectando e cumprindo todas as medidas de seguridade.

O autobús estará estacionado xunto á bancada de Marcador e todos os doantes deberán acceder pola porta 11 do estadio en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas. Para evitar que se acumulen doantes ao mesmo tempo, e de acordo ás medidas establecidas por Sanidade, todas as persoas que queiran doar deberán chamar con anterioridade ao teléfono de cita previa 900 100 828. A todos os citados enviaráselles un SMS de confirmación para que o persoal de seguridade da porta poida realizar o control de acceso.

A campaña está principalmente pensada para todos os veciños do barrio de Balaídos co obxectivo de evitar grandes desprazamentos desde outras zonas da cidade e que vaian en contra das instrucións do último Real Decreto que restrinxe os desprazamentos a causas moi justificadas.


Etiquetas da nova

Ir o contido