invasion-celeste-fe-seguros-jonny.jpg
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA INVASIÓN CELESTE – LA FE SEGUROS!
27 Novembro 2017
2018-01-27-PHOTO-00002065-255x191.jpg
Visita do Club Juventud de Cambados á Cidade deportiva de A Madroa
29 Xaneiro 2018

Jonny estará este mércores na festa de Invasión Celeste-LaFe Seguros

5 Decembro 2017

Non falta nada para celebrar unha nova edición de ‘Invasión Celeste-LaFe Seguros’! A carreira popular da Fundación Celta regresa este venres 8 de decembro a Balaídos con competicións para todas as idades e actividades, pero o pistoletazo de saída darase este mércores 6 cunha gran festa na zona da estación marítima de Vigo.

De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00, os máis pequenos poderán participar en divertidas actividades como un taller de llaveros, futbolín humano, tiro a porta e moitas máis. Ademais, os corredores que xa se inscribiron poderán recoller os seus dorsais. Pero o gran momento do día chegará coa visita de Jonny Otto, ás 17:00 horas. O futbolista celeste asinará autógrafos e atenderá a todos os afeccionados que se acheguen á Rúa As Avenidas.

Aqueles interesados que aínda non se apuntasen están a tempo de facelo entrando na web www.magmasports.es


Etiquetas da nova

Ir o contido