celta-integra-marosa-cup-2019.jpg
O Fundación Celta Integra gaña a ‘Marosa Cup 2019’
30 Setembro 2019
exp-vip.jpg
Os rapaces premiados nos Campus de verán gozan da experiencia VIP no RC Celta – Athletic Club de Bilbao
7 Outubro 2019

XX aniversario da peña celtista A Mao Negra de Cualedro

30 Setembro 2019

Vinte anos pasaron que se xestou o nacemento en Cualedro da peña do RC Celta ‘A Mao Negra’. Durante esas dúas décadas, o colectivo ourensán converteuse nun dos máis fieis da afección celeste. O pasado sábado 28 de setembro volveu demostrar poder de convocatoria cunha cea e confraternización celeste con sorteos e sorpresas na que participaron convidados provenientes de diferentes peñas de Galicia como Peña Celtista Siareros Dezaos, Peña Carcamans Celestes, Peña Merlego Celeste, Peña Celtista de Allariz, Peña Celtista Cigarrón Celeste de Verin ou Peña Celtista Termas Celestes de Ourense e que, antes, tivo unha pequena recepción de socios e asistentes con ambientación musical bautizada como ‘Ruada Celeste’ e a presenza dos xogadores do primeiro equipo Claudio Beauvue e Juan Hernández, que non quixeron perderse os aniversarios dunha das peñas veteranas da provincia de Ourense. Tamén estivo presente o conselleiro D. Primitivo Ferro, quen fixo entrega dunha metopa conmemorativa do aniversario ao presidente e fundador da entidade D. Carlos Martínez García en presenza de D. José Méndez Castro, presidente da Federación de Peñas Celtistas.


Etiquetas da nova

Ir o contido