iago aspas pda 12121|||ASPAS PROMO SPORT NIÑO
A Fundación Celta, Promoesport, Futgal e Iago Aspas promoven o desenvolvemento de licenzas PDA
12 Xaneiro 2021
imagen destacada stage|||||||stage español foto horizontal|stage foto vertical español|||||stage español foto horizontal|
‘Stage celta academy pro’ para xogadores extranxeiros en Semana santa
3 Marzo 2021

Relatorio sobre a expansión internacional do Celta Academy no máster en ‘Sports Management and Football Coaching’

11 Febreiro 2021

 

Este pasado 9 de febreiro, Marcos Alonso, coordinador de Celta Academy Internacional, asistiu como relator á Escola Universitaria Real Madrid Universidade Europea, para compartir cos alumnos do máster ‘ Sports Management and Football Coaching’ o proceso de internacionalización de Celta Academy, desde os seus inicios ata os complicados momentos que está a tocar vivir debido ao Covid 19. Durante 4 horas compartíronse as experiencias vividas en Campeche e Brasov entre outras sedes, pasando por Panamá, Xapón ou China. A gran diversidade de nacionalidades entre os alumnos asistentes (USA, Sudáfrica, India, Líbano ou Luxemburgo) propiciou o poder seguir explicando o significado de Afouteza (esta vez utilizando o inglés como idioma universal) a outras culturas e xerar un pequeno sentimento de celtismo neles.

Celta Academy considérase como un claro caso de éxito na internacionalización da marca dun club de LaLiga, sendo xa esta a segunda vez que se solicita a nosa presenza desde tan prestixiosa institución educativa. Desde a Fundación Celta non facemos máis que manifestar o sentimento de orgullo que nos produce este tipo de actividades, que nos axudan a seguir crecendo nun mercado cada vez máis competitivo.


Etiquetas da nova

Novas que poden interesarche


Ir o contido