O Saviñao eurorrexión horizontal|o saviñao eurorrexión
Eurorrexión Celeste recibe a visita do Concello de O Saviñao (Lugo)
3 Outubro 2022
imagen horizontal campeonato de dominó|||CARTEL A4 CAMPIONATO DE DOMINÓ 2022|
II Campionato de dominó da Fundación Celta 2022
14 Outubro 2022

Primeiros partidos da tempada das Escolas Fundación Celta

4 Outubro 2022

A pasada fin de semana os nosos equipos das ESCOLAS FUNDACIÓN CELTA levaron a cabo os primeiros partidos da tempada, de momento de carácter amigable en espera que se inicie a competición federada.

Arrincamos cos nosos máis pequenos, os miudiños, que compiten en fútbol sala baixo a denominación de CLUB FUNDACIÓN CELTA enfrontándonos ao UD MOS nun rifado partido.

Esa mesma mañá de sábado tamén se vestiron de curto para competir a nosa nova sección de fútbol 8 coa denominación de GRAN PEÑA, por mor do acordo de filialidad entre a devandita entidade e o RC Celta, que a través das ESCOLAS FUNDACIÓN CELTA facemos extensible aos máis pequenos. Debutaron os nosos dous equipos alevíns nun dobre enfrontamento contra o Rápido de Bouzas con moitos goles e bo fútbol por ambas as partes. O domingo chegou a quenda na Madroa para os nosos benxamins e prebenxamins, enfrontándose os nosos dous equipos benxamins entre si e igualmente os nosos dous equipos prebenxamins. Para moitos era o seu primeiro partido e afrontárono cunha enorme ilusión. Os dous partidos, igualadísimos e entretenidísimos, fixeron as delicias dos moitos familiares que se deron cita nas instalacións.

Sen dúbida un gran debut para todos os nosos equipos onde a participación, a diversión e a aprendizaxe son os pilares principais. A próxima fin de semana máis. Aínda nos queda algunha praza libre para poder participar na competición da man das ESCOLAS FUNDACIÓN CELTA así que non deixar pasar esta gran oportunidade.

 


Etiquetas da nova

Ir o contido