a-madroa-2-1024x771|||||||||||||||||A Madroa FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX
En marcha a cuarta semana dos campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023
19 Xullo 2023
FIRMA ACUERDO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|acuerdo CAF FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX|FIRMA ACUERDO FOTO VERTICAL 420 X 620 PX
A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol unen forzas para levar a metodoloxía RC Celta a Canadá
21 Xullo 2023

Primeira edición do campus de perfeccionamento de Fútbol 11 Fundación Celta by Cabreiroá 2023

19 Xullo 2023

A cuarta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023 supuxo a celebración da primeira edición do campus de PERFECCIONAMIENTO DE FÚTBOL11. Esta nova modalidade pretende expor aos participantes adestramentos máis esixentes tanto no referente aos contidos, como ás tarefas e á dirección das mesmas. Cada sesión ten unha parte inicial de tecnificación que dá paso a un adestramento técnico-táctico máis grupal que permite traballar sobre as diferentes fases do xogo. A parte final da sesión leva a cabo a través dun partido onde se pretende transferir as aprendizaxes recibidas previamente. Inclúense tamén tarefas específicas segundo posicións que permite axustar habilidades específicas de cada posición.

Ademais este campus conta cada día coa colaboración de diferentes técnicos de categorías inferiores do RC Celta que lle permite dar un salto de calidade á proposta realizada no traballo de campo. O luns foi Borja Portas, técnico e coordinador de categorías inferiores, quen deu o pistoletazo de saída traballando a fase de ataque do xogo, coa colaboración de Damián Cagiago que forma parte do corpo técnico da categoría infantil. O martes os participantes tiveron a sorte de poder traballar baixo a dirección de Fredi Alvarez, adestrador máis que contrastado no futbol galego e nacional, que a próxima tempada dirixirá ao CELTA C GRAN PENA, co profundaron sobre as transicións defensivas. O resto da semana nos esperán máis adestradores de alto nivel como pode ser Jacobo Montes que esta tempada incorpórase ás categorías inferiores do RCCELTA para levar as rendas do cadete A. Todo un luxo para os 40 afortunados que conseguiron praza neste campus de máximo nivel.

A próxima semana será a quenda do campus de perfeccionamento de futbol 8, aínda nos queda algunha praza dispoñible, así que non deixedes pasar a oportunidade de poder adestrar con adestradores de máximo nivel que forman parte das categorías inferiores do RC Celta. Consultar máis información e inscricións AQUÍ.


Etiquetas da nova

Ir o contido