celta-integra-campeones-liga-genuine-deportividad-2019.jpg
O Fundación Celta Integra álzase co título en LaLiga Genuine
16 Xuño 2019
primitivo-ferro-premio-fundacion-celta-ados.jpg
ADOS premia á Fundación Celta polo seu apoio na doazón de sangue
18 Xuño 2019

Presentación do Campus de verán Fundación Celta-Rubén Blanco by Cabreiroá 2019 en Mos

17 Xuño 2019

Ás 11:00 h desta mañá tivo lugar no Concello de Mos a presentación e a firma do convenio de o Campus de verán da Fundación Celta – Rubén Blanco by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño en horario matinal no Campo de fútbol do UD Mos, As Baloutas destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscrición ao campus, ademais de participar na actividade, os mozos recibirán un equipamento completo da marca Adidas.

Na presentación estiveron presentes Dª Nidia Arévalo Gómez Alcaldesa de Mos, Dº Begoña Toucedo Concelleira de deportes, D. Pablo Alonso Presidente do UD Mos, D. Germán Arteta Director da Fundación Celta e D. Carlos Mouriño Presidente da Fundación e do RC Celta quen fixo entrega dunha camiseta enmarcada. O Campus conta cunha subvención municipal para os empadroados no Concello.


Etiquetas da nova

Ir o contido