ESCUELAS_NACIONALES_Horizontal
Abertas as inscricións para as Escolas de Fútbol Fundación Celta 24/25
6 Agosto 2024
web
Fundación Celta e a OPPF-4 asinan un convenio de colaboración para promocionar o selo `Fresco & Salvaje´
27 Setembro 2024

Os xogadores do primeiro equipo do RC Celta reciben unha visita moi especial

20 Setembro 2024

A Cidade Deportiva Afouteza abriu as súas portas para recibir unha visita moi especial. Os nenos e nenas da área de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro puideron gozar en primeira persoa dun adestramento do primeiro equipo do RC Celta. Emocionados e nerviosos chegaban ás instalacións deportivas para vivir unha experiencia única. Acompañados pola presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, e o director da Fundación Celta, Germán Arteta, os pequenos puideron observar como os xogadores traballan cada día para preparar os diferentes encontros da competición. Mentres, unha vez acabada a sesión, puideron saudar de preto a cada un dos xogadores e ao corpo técnico. Abrazos, fotos, autógrafos ou, mesmo, selfies para levar un inesquecible recordo dos seus ídolos.

Unha experiencia coa que o RC Celta, a través da Fundación Celta, mostra o seu compromiso coa sociedade apoiando aos nenos e nenas que están a pasar por un momento complicado. Para o club é todo un orgullo recibir a este grupo de valentes e debuxar un bonito sorriso nas súas caras coa que seguro afrontarán unha pronta recuperación.


Etiquetas da nova

Ir o contido