Top
A Fundación Celta e a Fundación García Chillón Orlando inauguran dúas novas escolas de fútbol en Senegal
5 Novembro 2024
Foto 12-11-24
A Fundación Celta e a RFGF impulsan a formación de futuras adestradoras
14 Novembro 2024

O Fundación Celta Integra lanza os seus premios ao MVP do mes

12 Novembro 2024

O Fundación Celta Integra pon en marcha unha iniciativa pola que destacarán a tres xogadores cada mes. Unha acción coa que os seus adestradores pretenden valorar o comportamento dos mozos e mozas e motivalos a alcanzar diferentes obxectivos. Os puntos obtidos serán froito da súa participación en todo tipo de actividades e adestramentos, o seu comportamento ou a súa colaboración nos retos mensuais que se desenvolverán.

No mes de outubro, o MVP do Celta Integra foi Álex Lago, a quen se lle entregou un trofeo que acredita o seu bo facer ao longo do mes. Por outra banda, David Baceiredo e Fran Méndez fixéronse co segundo e terceiro posto, respectivamente, a quen se lles fixo entrega dunha tarxeta Fifa personalizada. Unha pequena acción que xera moita ilusión entre os participantes do Celta Integra e que se desenvolverá ao longo de toda a tempada.

Os gañadores de cada mes anunciaranse mediante as redes sociais do club.


Etiquetas da nova

Ir o contido