DmSFOLsUcAAhZC-.jpg|DmSFOLsUcAAhZC-.jpg
O RC Celta regresa a Panamá coa celebración do seu segundo campus en Chiriquí
6 Setembro 2018
WhatsApp-Image-2018-10-03-at-13.51.43.jpeg
Fundación Celta Integra logrou a victoria contra o Saladino Cortizo na liga galega
3 Outubro 2018

O Celta, primeiro club de LaLiga en formar a profesionais do fútbol en EEUU

25 Setembro 2018

O RC Celta foi designado por LaLiga como o primeiro club español en impartir formación online a profesionais do fútbol en EEUU, unha actividade coa que se busca promover o desenvolvemento do deporte rei no país norteamericano. O director da canteira celeste, Carlos Hugo García, e o responsable de metodoloxía do club, Eduardo Covelo, debutaron nesta prometedora experiencia cunha charla titulada “Crear unha cultura de club e mantela” da que puideron gozar os afiliados ao US Club Soccer, unha das asociacións de clubs máis importantes de Estados Unidos e coa que LaLiga mantén un convenio de formación.

A metodoloxía de traballo do RC Celta, desenvolvida co soporte da Fundación Celta, converteuse nunha referencia a nivel nacional e internacional, existindo cada vez máis demanda dos profesionais de A Madroa en todo tipo de accións formativas.

 


Etiquetas da nova

Ir o contido