20231113_CharlasDO_AlexAndujar_PacoDeMiguel-4 (2)|20231113_CharlasDO_AlexAndujar_PacoDeMiguel-4|20231113_CharlasDO_AlexAndujar_PacoDeMiguel-4 (1)
Paco de Miguel e José Alfonso Morcillo, protagonistas da terceira xornada do VIII Curso D. O. Celta
16 Novembro 2023
imagen horizontal OK clínic de NADAL 23 noticia web CON CACAOLAT|||||imagen vertical noticia web CLÍNIC DE NADAL 23 CON CACAOLAT||||
En marcha os Clinic de nadal da Fundación Celta by Cabreiroá 2023
30 Novembro 2023

Así foi o paso da Fundación Celta Integra por LaLiga Genuine 2023/2024

20 Novembro 2023

A Fundación Celta Integra participou esta fin de semana na primeira fase de LaLiga Genuine 2023/2024 con sede en Tarragona.

Os actuais gañadores da clasificación de Xogo limpo retomaron a competición coa incorporación de dous novos equipos, o Racing de Santander e o Racing de Ferrol. Un total de 46 equipos que durante toda a fin de semana xogaron 69 partidos.

Os celestes enfrontáronse o sábado pola mañá aos anfitrións do Nastic de Tarragona, para posteriormente pola tarde facelo contra a Fundación Club Atlético de Madrid e o domingo pola mañá contra a Fundació Fútbol Basee Reus. Fantásticos resultados conseguidos, gañando o primeiro partido 3 a 0 e o segundo e o terceiro 3 a 1.

Ademais, os máis de 1000 xogadores participantes puideron gozar dunha sorpresa moi especial, ir a Port Aventura World. O venres, antes da correspondente e xa tradicional presentación no Nou Estadi de Tarragona, os equipos puideron entrar no parque de atraccións, onde puideron gozar de todas as atraccións e compartir todos xuntos a comida no restaurante “A Cantina”. Día de emocións fortes que dificilmente poderán esquecer.

Como premio ao gran comportamento e rendemento tanto dentro como fose do terreo de xogo, os xogadores da Fundación Celta Integra antes de viaxar e emprender o camiño de volta a Vigo, puideron volver a Port Aventura World e visitar o domingo pola tarde Ferrari Land.

Lamentar a lesión de Javi, que fronte á Fundación Club Atlético de Madrid tivo que retirarse do partido por unha forte escordadura de nocello que lle impediu xogar o último partido. Desde aquí mandarlle moitos ánimos e desexarlle unha pronta recuperación.

Próximo destino da Fundación Celta Integra en LaLiga Genuine, 2, 3 e 4 de febreiro en Cádiz.


Etiquetas da nova

Ir o contido