EURORREXIÓN CELTA GRANADA FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX|eurorrexión Celta Granada FOTO VERTICAL 420 X 620 PX
Eurorrexión celeste recibiu a visita do Concello da Rúa no Celta vs Granada
18 Decembro 2023
porteros ribeira5|porteros ribeira|
Éxito dos Clinics de Nadal específicos para porteiros grazas á colaboración de Sergio Álvarez
8 Xaneiro 2024

Entrega exitosa da campaña ‘Celeste solidario’ na tenda oficial RC Celta

21 Decembro 2023

 

 

Esta mañá, ás 10:00h, tivo lugar na tenda oficial do RC Celta en Príncipe a entrega dos artigos colleitados durante a campaña ‘Celeste solidario’. O evento contou coa presenza de Germán Arteta director da Fundación Celta  e Antón Álvarez conselleiro do RC Celta, xunto con Carlos Leiro, director da Asociación Stop, promotora da campaña ‘Cada neno un xoguete’.

 

A recollida de doazóns foi un rotundo éxito, grazas á solidariedade dos afeccionados do RC Celta nas tendas de Balaídos e Príncipe, así como dos xogadores na Cidade deportiva Afouteza e os nenos das escolas de fútbol da Fundación Celta e da Canteira na Madroa.

 

Mañá levará a cabo unha nova acción solidaria no pavillón de Navia a partir das 18:00h, con motivo do partido que disputará o Celta Zorka Recalvi contra o Perfumerías Avenida ás 19:30h.

 

A Fundación Celta agradece a participación da sociedade nesta campaña e  anima a seguir doando para seguir axudando a quen máis o necesita.

 


Etiquetas da nova

Ir o contido