IMG-20190318-WA0000.jpg
Concluído o I Campus Fundación Celta – Miami
11 Marzo 2019
9247aba7-3848-492f-aabb-d9967442195c.jpg
A Fundación Celta recibiu a visita do FC Knutwil de Suiza
12 Marzo 2019

Down Galicia premia o labor da Fundación Celta Integra

11 Marzo 2019

O equipo Fundación Celta Integra foi distinguido pola asociación Down Galicia por promover a práctica deportiva inclusiva das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. O galardón será entregado o próximo 21 de marzo no Teatro Salesianos durante a IV edición dos Premios Down Galicia, unha gala que enmárcase dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down e o 30 aniversario da Asociación Down Vigo.

Estes premios foron creados coa finalidade de recoñecer publicamente a diferentes persoas e institucións que realizan un labor solidario desinteresada procurando a inclusión social no ámbito da discapacidade.

Fundación Celta Integra é unha iniciativa posta en marcha pola Fundación Celta. O equipo, que conta actualmente con 25 xogadores, participa de maneira asidua en torneos da Federación Galega de Deporte Adaptado e en LaLiga Genuine, unha competición a nivel nacional na que finalizaron subcampións a pasada tempada.


Etiquetas da nova

Ir o contido