imagen destacada escuelas de futbol 22_23|||Banner FUNDACIÓN ESCUELA DE FÚTBOL 22_23|Imagen vertical ESCUELAS DE FÚTBOL 22_23|Foto horizontal escuelas 22_23|||||||
En marcha as Escolas de Fútbol da Fundación Celta 2022-2023
18 Agosto 2022
20220822_ACanteira_Resultados_1||20220822_ACanteira_Resultados_2
Resultados da canteira do RC Celta (20 e 21 de agosto)
22 Agosto 2022

Clausurados con gran éxito de participación os Campus/draft Fundación Celta by Cabreiroá 22 en Venezuela

18 Agosto 2022

A segunda edición do campus/draft en Venezuela da Fundación Celta by Cabreiroá en colaboración con OCLC Sports Agency desenvolveuse entre o 4 e o 14 de agosto visitando Caracas (instalacións deportivas da Irmandade Galega en Vallefresco ) como primeira sede con 169 participantes e posteriormente en Barquisimeto (Colexio Rio Claro) como segunda sede onde máis de 200 participantes puideron gozar deste evento formativo. Destacar a presenza dun nutrido grupo de xogadoras en ambas as sedes.
Os xogadores seleccionados en cada sede terán como premio o poder vivir unha experiencia deportiva co noso fútbol basee nos meses posteriores.
Todas estas accións son parte do acordo deportivo entre a FUNDACIÓN CELTA e XFANS INTERNACIONAL.
A aposta da Fundación Celta pola formación deportiva tanto de xogadores como de técnicos no area internacional prosegue durante esta tempada co obxectivo de seguir expandindo a marca Celta por todo o planeta.

Etiquetas da nova

Ir o contido