15.jpg
Celta integra participou na campaña ‘Ven e verás’ organizada por Abre sus ojos en colaboración con MRW
29 Outubro 2018
convenio-celta-fundacion-atletismo-german-arteta-311018.jpg
Fundación Celta e Celta Atletismo reforzan o seu vínculo cun convenio de colaboración
31 Outubro 2018

A Selección Sub-16 tínguese de celeste coa convocatoria de tres canteiráns do RC Celta

30 Outubro 2018

Nova xornada de alegría, satisfacción e orgullo para a canteira celeste e a Fundación Celta. Nada menos que tres xogadores das categorías inferiores do club foron convocados pola Selección Española Sub-16, na que nos últimos meses son habituais os xogadores do conxunto céltico.

O porteiro Brais Rodríguez, do Xuvenil B, estréase como internacional, o centrocampista Damián Rodríguez, no cadete A, debuta na Sub 16 tralo seu paso pola Selección Sub-15 e David Vilán, tamén do Cadete A e con protagonismo na Sub-15. repite nesta categoría tras ser chamado por primeira vez durante o pasado mes de setembro. Nesa ocasión, coincidiu na Cidade do Fútbol de Las Rozas co dianteiro Miguel Rodríguez. quen recientemente foi convocado coa Sub-17 malia que aínda ten quince anos de idade.

Os tres xogadores celestes participarán nos adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Esta convocatoria referenda o traballo e o esforzo do club e a Fundación na potenciación e mellora da canteira celeste, cuxa achega ás categorías inferiores da Selección Española é máis que notable.


Etiquetas da nova

Ir o contido