FIRMA ACUERDO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|acuerdo CAF FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX|FIRMA ACUERDO FOTO VERTICAL 420 X 620 PX
A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol unen forzas para levar a metodoloxía RC Celta a Canadá
21 Xullo 2023
IMAGEN MÁISCELTA ESCUELAS DE FÚTBOL 23_24 1024X475PX|PROMO 2 ESCUELAS 23_24 FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX||CAMPUS VENEZUELA FOTO VERTICAL 420 X 620 PX
En marcha as Escolas Fundación Celta 2023/24
31 Xullo 2023

En marcha a quinta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023

27 Xullo 2023

O pasado sábado finalizou a cuarta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023, con sedes na Cidade Deportiva da Madroa, Campo Federativo de Coia, Marcon e Ares.

Na sede da Madroa foi ademais a primeira edición do campus de perfeccionamento de futbol 11 onde xogadores infantís, cadetes e xuvenís recibiron unhas clases maxistrais de futbol da man de adestradores de categorías inferiores do RC Celta, como Jacobo Montes ou Miguel Fontán entre outros.

Esta semana é a quenda do campus de perfeccionamento de futbol 8, que iniciaron os adestramentos con Juán Recondo, un gran coñecedor da categoría con máis de 8 anos de experiencia cos benxamíns e alevíns do RC Celta. Ao mesmo tempo, están a levarse a cabo tamén nas sedes de Praiña en Teo, Monteporreiro en Pontevedra, Maceda e por segunda semana no Campo Federativo de Coia.

Os nenos e nenas non se cansan de seguir desfrutando, á vez que aprendendo, nos nosos campus e iso para nós supón unha enorme satisfacción.

O prazo de inscrición finaliza esta semana, debido a que nos queda unha única semana de actividades que iniciaremos o vindeiro luns 31 de xullo nas sedes de Monforte, Barreiros (Lugo), Marín e Xinzo de Limia.

Sede Ares

Perfeccionamiento F8

Sede A Madroa

Sede Monteporreiro

Sede Maceda

Sede Coia

Sede Marcón

Sede Praiña


Etiquetas da nova

Ir o contido