Colabora
Forma parte da Fundación Celta
Podes facelo co carné celtista Colaborador.
Transforma vidas
e obtén
beneficios
fiscais
Ademais de apoiar unha labor social que transforma vidas, poderás beneficiarte dunha
dedución do 80 % da túa doazón na declaración da renda (IRPF).

Promoción
trae un
amigo
Por cada novo membro colaborador que consigas para a Fundación Celta, recibirás un agasallo. Contacta connosco e informarémoste.
O voso mecenado ten premio!
Membros de honra
e protectores
A Membresía convídache a formar parte do corazón latexante do Celta, integrándote
nun legado de impacto social que transforma vidas. É o máximo recoñecemento ao teu
compromiso coa comunidade.
Como Membro, a túa marca asóciase directamente coa esencia e os valores da
Fundación Celta, garantindo presenza institucional en todos os nosos canais e eventos
clave.
Se queres que a túa empresa forme parte deste proxecto, contacta connosco e
informarémoste de como facelo.
Creamos alianzas de
Impacto e alcance
O noso éxito mídese en vidas transformadas
Recoñecementos destacados polo noso labor social e inclusivo, como os Premios Down
Vigo, os Premios Liga Genuine, o Premio VIDE ou o Premio Catalejo 2025.
O noso compromiso social non ten fronteiras
Estamos presentes en toda Galicia e en varios países do mundo con proxectos de cooperación internacional.
Beneficiarios potenciais
Impactos en mass media
Impresións en RRSS
Estamos
comprometidos
coa
transformación
social
Os programas da Fundación Celta diríxense a tres targets moi concretos, xerando máis
de 1,2 millóns de beneficiarios/as potenciais directos e indirectos.
"Os nosos"
Xogadores e xogadoras da nosa Canteira que se forman para a vida dentro e fóra do
campo.
"Os que están preto"
Representan a nosa conexión profunda coa comunidade galega, especialmente coa
infancia e a mocidade.
"Os que máis o necesitan"
Proxectos de cooperación internacional cos que ofrecemos oportunidades de futuro a
través do fútbol.
Únete aos proxectos con
Corazón celeste
A nosa alianza é fundamental para seguir escribindo historias de superación, inclusión
e esperanza. Axúdanos a impulsar o corazón do Celta máis alá do campo.
Celta Integra e Escolas Integra
A inclusión, o gol máis celebrado
todas as persoas que forman parte da comunidade celtista, con énfase na infancia e
mocidade, garantindo a súa preparación plena para a vida, dentro e fóra do terreo de
xogo.
Posiciona a túa marca como referente en responsabilidade social e integración
Presentación oficial
Presenza de marca nas equipacións
Presenza de marca nos eventos
Experiencias RSC con xogadores
Apadriñamento
Visibilidade nas RRSS oficiais
Compromiso para temporada completa
Temporada completa

O Celta na Escola
O corazón do celtismo
fomentar o desenvolvemento persoal e crear referentes positivos na comunidade
educativa galega. Impulsamos a transmisión de vida e valores dos maiores aos máis
novos mediante actividades impartidas polo club
Asocia a túa imaxe de marca á canteira do mundo
Presenza en programas
Presenza de marca en materiais
Presenza de marca nos eventos
Mención en presentacións
Participación como colaborador
Compromiso para temporada completa
Curso escolar

Celtalks
Historias reais de superación que inspiran xeracións
O ciclo de charlas inspiradoras que pon á disposición dos máis novos a experiencia e o
coñecemento de persoas relacionadas co mundo do deporte, que son exemplo de
afouteza e corazón.
Reforza a RSC da túa empresa e inspira un futuro mellor
Presenza en programas de ponencias
Presenza de marca nos eventos
Presenza de marca en contido audiovisual
Mención en RSS e notas de prensa
Compromiso para temporada completa
Ciclos anuais ou semestrais

Invasión Celeste
Correndo en familia pola solidariedade
Carreira popular celebrada en Vigo para todas as idades. Promovendo a participación familiar, a conexión coa comunidade e a solidariedade cidadá.
Conecta a túa marca co latexo dunha cidade solidaria
Presentación oficial
Naming da carreira
Entrevistas en medios
Presenza de marca no runner kit
Presenza en soportes do circuito
Mención en todos os medios
Compromiso para temporada completa
Evento anual

O valor da
Alianza
Unha colaboración de altura. Potencia a túa imaxe e compromiso social ao tempo que optimizas a túa estratexia financeira e sostible.
Reputación
& Storytelling
Xera un impacto positivo que resoará nos teus stakeholders. Convierte a túa participación nunha historia inspiradora que compartiremos coa nosa ampla comunidade.
Máis de 3 millóns de impresións
nas nosas redes sociais.
Máis de 700 mil visualizacións en vídeos propios.
Máis de 60.000€ de post valuation nas nosas redes sociais.
Aparición periódica na prensa escrita e online.
Beneficios
& Fiscais
Contribúe a transformar vidas e obtén un retorno financeiro a través de importantes
reducións de impostos. Unha inversión intelixente e socialmente responsable.
Desgrava ata o 80% da túa doazón na declaración da renda (IRPF).
Deduce desde o 40% da túa doazón no Imposto de Sociedades (IS).
A doazón ou patrocinio á Fundación Celta é unha alternativa legal que pode eximirte de implementar o 2% de inclusión na túa empresa.
Aliñamento
RSC, ESG, ODS
Aliña a túa empresa cos estándares internacionais e demostra un compromiso
auténtico co desenvolvemento sostible, a responsabilidade corporativa e a gobernanza
ética.
Todos os nosos programas están pensados para dar resposta á estratexia social da túa
marca. Incluíndo accións encamiñadas á RSC, ESG e ODS.
Responsabilidade Social Corporativa (RSC) Environmental - Social - Governance (ESG) Obxectivos de Desenvolvemento Sostible incluídos na Axenda 2030 da ONU (ODS)
