CAMPUSFUNDACION2023|||||||||||||||||||||||CAMPUSFUNDACION23
En marcha a quinta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023
27 Xullo 2023
Imagen Destacada InvasionCeleste v2|||||cartel magmasports||InvasionCeleste-pantalla16-9|||||BannerHome InvasiónCeleste V2|CartelInvasion 50x70 v2|cartel magmasports
Aberto o prazo de inscrición para a VII Invasión Celeste by Profand
4 Agosto 2023

En marcha as Escolas Fundación Celta 2023/24

31 Xullo 2023

 

ESCOLAS DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA PARA TODOS!

Desde a Fundación Celta, a través das escolas de fútbol, ofrecemos a oportunidade de que calquera neno/a poida realizar actividade de fútbol seguindo a metodoloxía de adestramento do RCCelta, sexan cales sexan as súas necesidades. Outra forma de sentirse celtista a través da práctica do deporte rei.

Para iso ofértanse os seguintes tipos de escola de fútbol:

– ESCOLA DE MIUDIÑOS. Se tes 4-5 anos e queres iniciarche no fútbol, contamos cunha escola situada no pavillón do Colexio Marcote de Vigo os mércores e venres.

– ESCOLA DE APRENDIZAXE. Se tes entre 6 e 13 anos e queres participar nun completo programa de aprendizaxe en fútbol, ofrecémosche sesións en:

A Madroa, de luns a venres.

Campo Federativo de Coia, os martes e xoves.

O Carballal, os martes, mércores e venres.

– ESCOLA DE PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ. Se che gusta ser porteiro e desexas iniciarte en adestramentos específicos, ou xa es porteiro federado e necesitas adestramento de reforzo, podes participar en sesións na Madroa, os luns e martes.

– ESCOLA DE TECNIFICACIÓN. Se es xogador federado e desexas mellorar as túas habilidades técnicas e psicomotrices, ofrecemos sesións en:

A Madroa, de luns a venres.

Cambados, os luns.

Moaña, os venres.

– ESCOLA DE PERFECCIONAMENTO. Se es xogador infantil/cadete federado e necesitas adestramentos individualizados para perfeccionar as túas calidades técnico-tácticas, na Madroa de luns a venres.

Para aqueles que non estean federados noutros clubs, as nosas diferentes escolas brindan a posibilidade de xogar competición federada cada fin de semana desde a categoría biberón ata a categoría infantil.

Os adestramentos comezarán o luns 4 de setembro e o prazo de inscrición xa está aberto con prazas limitadas, co cal é importante inscribirse canto antes para garantir a praza. Para obter información máis detallada e realizar inscrición, podes acceder á nosa web.


Etiquetas da nova

Ir o contido