EURORREXIÓN CELTA VALLADOLID NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px|EURORREXIÓN CELTA VALLADOLID FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX|EURORREXIÓN CELTA VALLADOLID FOTO VERTICAL 420 X 620 PX
Eurorrexión Celeste recibiu a visita do Club Racing de Vilariño e do Concello de Nigrán ante o Celta vs Valladolid
27 Febreiro 2023
20230314_FundacionCelta_R_3|20230314_FundacionCelta_R_1|20230314_FundacionCelta_R_2
R, patrocinador do equipo Fundación Celta Integra un ano máis
14 Marzo 2023

En marcha os Clinic de Semana Santa da Fundación Celta by Cabreiroá 2023

1 Marzo 2023

Xa están abertas as inscricións para os CLINICS DE SEMANA SANTA FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 3, martes 4 e mércores 5 de Abril.

 

As sedes confirmadas ata agora son as seguintes:

  • A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores.
  • CAMBADOS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores
  • A GUARDA (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • CALDAS DE REIS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • VELLE (Ourense) – Luns, martes e mércores.

Para porteiros…

  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ na MADROA (Vigo) – Luns 3
  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Martes 4
  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en RIBEIRA (A Coruña) – Mércores 5

 

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do RC Celta, equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores mozos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Un AGASALLO DE SEMANA SANTA excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RCCelta.

As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do fútbol da man do RCCelta e os adestradores das súas categorías inferiores. As inscricións estarán abertas ata o VENRES 31 de Marzo ás 12:00h do mediodía. A través da propia web da FUNDACIÓN poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Máis de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Para obter máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións debemos acceder á seguinte ligazón.


Etiquetas da nova

Ir o contido