firma-convenio-clubes-mos-6618-1.jpg|firma-convenio-clubes-mos-6618-1.jpg
O sentimento celeste une ao RC Celta e a súa Fundación con Club Louro e UD Mos
6 Xuño 2018
romeria.jpg
IV Romería Celtista da Peña Carcamáns
18 Xuño 2018

Gran éxito de asistencia ao curso ‘Fundamentos do movemento multidireccional’ da Fundación Celta

10 Xuño 2018

Durante esta fin de semana desenvolveuse nas instalacións do Estadio Municipal Abanca Balaídos, o curso ‘Fundamentos do movemento multidireccional’, impartido por David Martínez Pozo e organizado polos Servizos médicos do Club e a Fundación Celta.

Neste curso, o profesor David Martínez, profundou sobre as mecánicas de movemento propias dos deportes multidireccionales e os seus sistemas de aprendizaxe, que permiten instaurar no deportista un patrón óptimo de movemento.

Dezaoito horas formación teórico-práctica repartidas en tres xornadas – 8, 9 e 10 de xuño- con gran éxito de asistencia por parte de fisioterapeutas, readaptadores e preparadores físicos.

O curso contou co patrocinio de Capenergy, Clinibax, Prim FisioterapiaHeel España e Iberian Sportech

 

 

 


Etiquetas da nova

Ir o contido